viernes, 15 de mayo de 2009

Merda

Estado: deprimida
Canción: Pesi Piuma- Giorni di Sangue

Hoxe estou mal. Menstrual, mosqueada porque os meus irmáns foron de viaxe por primeira vez (a París) e eu á sua idade non saíra nin sequera de Galicia. Eles xa estiveron, con 15 aniños que ten, en Madrid, Barcelona, e ahora en París.

Tampouco teño todo claro sobre a miña volta a Italia, que pode ser unha gran victoria ou un fracaso estrepitoso. En estes días non teño novedades sobre o traballo, aínda me teñen que mandar un papel que teño que firmar... Sobre "onde durmir" tampouco teño nada fixo, estou barallando varias posibilidades, pero aínda non sei nada con seguridade.

Hoxe é o típico día de merda no que só teño ganas de chorar e comer. Últimamente non saio, todo o mundo está ocupado.... Non sei. Non estou ben. E aínda por riba, dentro de nada, esames....

Futuro incerto.. cada vez máis...

viernes, 8 de mayo de 2009

Incendio no Calvario

Onte hubo un incendio en unha coñecida cafetería (Nuevo Crismelo) do meu barrio, O Calvario. Entereime sobre as 15.00 da tarde, cando saín da casa, xa que a zona estaba chea de policías, bombeiros, e xente que parada, observaba o panorama. Por fortuna non houberon daños personais, aínda que para os donos foi unha desgracia, xa que, según o que oín, houberon grandes pérdidas no almacén... :|

Ánimo...

martes, 14 de abril de 2009

Farta!

Que todo o mundo o saiba.

A "señoriña" PATRICIA SANMARTÍN TORRES (Mar Azul) é unha PUTA.

sábado, 11 de abril de 2009

Loitando

Estado de ánimo: Pensativa
Canción: Davide Van de Sfroos: Pulenta e galena fregia


"L'è mea vèra che nel silenzio
dorma dumà la malincunìa,
l'è mea vèra che un tuscanèll
l'è mea bòn de fa una puesìa.
In questa stanza senza urelògg
bàla la fata e bàla la stria
in questu siit senza la lüüs
che diis tücoos l'è duma' l'umbrìa...."

E agora, os meus pensamentos bailan ó ritmo de melodías extrañas, dudas que se agolpan unha tras outra na miña cabeza. Quedan 81 días. 81 días nos que terei que librar duras batallas contra os meus futuros exames, deixar en orde as cousas en Vigo.E deixar en orde o meu verán. Un verán que será estrano, quizáis cheo de aventura que xamáis pensara vivir, xa vou dar un paso que xamáis imaxinaba que atreveríame a dar. Un paso cara o descoñecido. Un paso no que as máscaras de supostos amigos están empezando a caer, e demóstrase cáles son as peles reais de sinceridade. Unha aventura deña de calqueira dos meus ex mestres de italiano. Teño algo de medo, pero có medo non se vai a ningunha parte....






Síntome pequena.




jueves, 5 de marzo de 2009

Son un desastre... Aínda que non estou triste

Estado: Crítica
Canción: Rihanna- Umbrella

Son despistada, extremadamente despistada.

Quería buscar información sobre os partidos minoritarios antes de votar nas eleccións galegas. Non o fixen.

Quería dar os sellos que tenño repetidos das cartas o meu avó. Esquecínos por completo.

En chinés milagrosamente non suspendín, pero en inglés carguei tres de catro partes.

Como delegada de clase son un desastre, tiña que facer unha lista de teléfonos e non a fixen.

Entre eso, a miña memoria (que funciona cando lle apetece) e os meus medos escénicos (que gustaríame superalos, e dentro de pouco terei que afrontalos...) Estoume a volver tola!

sábado, 28 de febrero de 2009

¡Desfogo! (A falta de outro tipo de desfogos...)

Estado: pensativa
Canción: Marco Masini- Vaffanculo (Nunca mellor dito...)

A palabra é pensativa.

Estou en Mos, na casa dos meus avós. Sí, estáse moi ben por un par de días sen pais, sen irmáns. Estou reflexiva por todas as cousas que están pasando na miña vida: Un mestre déixanos, á volta das vacacións terei as notas dos exames, (Entón sí que vendrán as miñas xornadas de reflexión) a miña vida emocional está moi desordenada (e todo o que conlleva.. xa sabedes...) e empezo a botar en falta (un pouquiño) Milán despois de medio ano. Xa non con tanta ansiedade, pero un pouquiño. E non me queda nada, tería que atopar un traballo aquí, aforrar, repetir os mesmos procesos. Eso sí, sei que conto co apoio de moitos deses amigos que a kilómetros de distasncia, seguen a soportar as miñas crises... Alguén dixo que Vigo é unha "mini-Milán". Bah.. dende logo fáltanlle moitas cousas para selo. Quizais a zona industrial (especialmente a avenida de Madrid, onde hai un montón de empresas con edificios xigantes) é unha mini-Milán. Pero polo resto...

Mañá pola mañá teño que ir a Vigo. Ademáis de ser xa domingo, teño que ir votar. Mandei unha mensaxe á miña nai para que me confirme se chegou a carta na que te dín o colexio, a mesa e todo iso. En fin. As veces penso que sería máis práctico montar un partido político propio e pasar de toda esa panda...

Tamén estou contenta porque continúo escribindo o relato, aínda que agora atasqueime un pouco e eso mosquéame... ¿Algún consello? Quizáis un "brain storming"...

Non me podo queixar, en estes días caéronme dous regalos: Unha PDA con teléfono, que conseguiu un dos meus tíos (Para non levar tantos trastos enriba...) E unha pantalla para o meu ordenador, que a miña está cascada e estou todas as noites a golpes con ela... Levaba tempo pensando en comprar unha pantalla ou un portatil O problema do portatil é que no ordenador teño un aparello de televisión e non se pode meter ó portatil... :S

viernes, 27 de febrero de 2009

Adeus, Juan

Estado de ánimo: Triste
Canción: Los Piratas- Muertos

A noticia do suicidio de Juan Campos Paz, mestre de música en diversas escolas, (Entre elas, Escuelas Nieto, na cal estudiei os últimos catro anos de escola obrigatoria) caeume como un xarro de auga fría. Probablemente moita outra xente sentíuno así. A noticia sorprendéume o mércores, cando me disponía a ir a natación. A dor apoderóuse de mín e non puiden impedir que as bágoas se deslizaran polas miñas meixelas. O vín por última vez fai algúns meses. Non podería imaxinar nada así, o único que advertín naquel momento claramente é que tiña ganas de falar.

No funeral chorei bastante. Avergónzame chorar así, máis cando alí estaban moitos dos meus ex mestres de aquela escola. Revivín as súas clases, as súas palabras, a ternura que desprendíase de aquel modo de ser bonachón e aparentemente tranquilo. Pero tamén lembrei momentos nos que estiven a punto de cometer aquel loucura de rematar con todo. Por fortuna, no seu momento, alguén o impediu.

Estou tentando de asimilalo... Pero non son capaz...
 
Contrato Coloriuris