domingo, 28 de diciembre de 2008
Qué soños máis extraños...
Canción: Ligabue: Niente paura
Hoxe tiven un s0ño extraño, pero gratificante e ó mesmo tempo estresante...
Estaba en unha empresa, en Milán, na que ninguén falaba castellano, e precisaban de alguén que soubese castelán e italiano... Total que estaba traballando alí, e me chamaban cada dúas por tres para interpretar o que estaba dicindo un tipo ou para traducir documentos... Non lembro moito, básicamente lembro que estaba moi acelerada... :D
Anda que se fora real.. jajaja. Estaría feliz da vida :D
Doume conta de que tamén soñei outra cousa pero non sei exactamente o que...
Bico da lúa: Dous anos

Hoxe fai dous anos que abrín este blog, o cuarto da miña lista e aínda que non é moi visitado, sigo e escribo nel sempre que me ven unha idea.
Lémbrome ben dos motivos polos que iniciei a escribir un novo blog en galego, o primeiro, que non quería esquecelo. Non falo galego normalmente na miña vida (as veces, pero poucas, xa que en Vigo non o falamos moito) e dende que empecei a estudiar italiano, tiven algúns problemas ca miña lingua rexional, polas numerosas interferencias.
Escribo o galego como o estudiei no seu momento, neguéime sempre a guiarme pola normativa nova, xa que en algunhas das novas normas non estou dacordo e é moi visible a influencia política. E non penso cambiar o meu modo de pensar, independentemente do que pensen os demáis, que é igualmente respetable.
Quero deixar claro que estou moi contenta, que non me vergoño de ser galega, e que espero seguir escribindo moitos anos máis.
sábado, 27 de diciembre de 2008
Nadal
Estado: cansa
Canción: Vacca: oggi va così
Hoxe estou realmente agotada. Quizáis non sexa tan extraño, ó fin e ó cabo. O 24, Noiteboa. En casa dos meus avós paternos, en Porriño, como cada ano. Despois fun a Cepeda (Pazos de Borbén) cá miña mellor amiga e o noivo, para medio-celebrarlo. Vimos algunha película, bebimos, comimos... En fin. Non me imaxinaba que ía a ser un bó plan, o malo é que de noite facía un frío tremendo (levamos un radiador) e de día calor.
E o 25, Nadal. É un día que non me gusta moito, ademáis sempre (ou casi sempre) o pasamos en casa dos meus avós maternos, en unha aldea que realmente é agobiante (o almenos para mín). Todos os anos, cando pasa este día, síntome super aliviada.
Onte aproveitei o día, quería facer uns regaliños de Nadal a dous amigos, así que nada... Tiña moi claro o que quería e onde ir, así que non tiven maiores problemas.
Este mes tamén dinme conta de que gastei moito diñeiro, a verdade, é que no meu caso, os famosos “gastos formiga” son unha lacra. Teño un problemiño cá comida e os doces, e iso salta á vista dos meus gastos...
Eu hoxe teño o día tonto, espero que vós o esteades pasando ben :D
jueves, 18 de diciembre de 2008
Sanidade pública
Fai uns meses mandáronme unha tarxeta de sanidade pública nova, a diferencia é que esta tarxeta tiña o meu número de seguridade social no lugar do número dos meus pais. Pois ben, eu non son unha que vai moito ó médico, pero fun recientemente e atopei que a miña médica é unha insoportable. Polo tanto, dedicín que me cambiaría de médico. Ademais, a mín o horario de tarde me va de cú.
Pois nada, fun ata alí, e preguntanme se estou traballando ou cobrando o paro. Digo que non. A tipa din que entón a miña tarxeta non vale, que tería que ter o número de Seguridade Social dos meus pais. ¿Qué? ¿Entón para que o**** mandáronme esa p*** tarxeta? Eu estiven traballando, peor por tres meses. O máis gracioso é que a última vez que fun ó médico usei esa tarxeta e ninguén me dixo nada...
Vaia merda de servicio de saúde. Diosssss.
martes, 9 de diciembre de 2008
Caballero e o botellón
En Vigo non hai moitas opcións de ocio. Xa para empezar, en Vigo non quedan grandes discotecas, solo ó Émbassi e o A. Moita xente desprázase ata Porriño para ir a Queen (e iso, obviamente supón un desembolse económico en taxis, gasoliña, etc). Non hai moitas actividades de ocio para os xóvenes. A maior parte son de pago (e non precisamente baratas) ou actividades creadas e promocionadas por persoas e asociacións totalmente anónimas. Polo tanto, paréceme moi lóxico que NÓS fagamos botellón. Non toda a xente que se xunta para facer botellón bebe desmesuradamente, hai moita xente que simplemente socializa (Hai unha zona moi coñecida á que van os estudiantes universitarios).
Por último, debo destacar que o señor Caballero escribiu algúns libros. Non os lín, pero en fin. Se sá botar a imaxinación a algunhas cousas, tamén a outras, digo eu. Que organice uns talleres literarios ou outras actividades culturais... Xa veríamos como cambia o conto.
(Políticos... qué poucas ideas teñen...!)
lunes, 1 de diciembre de 2008
Finde...
O venres tiven a cena cos meus compañeiros e a miña mestra de chinés, despois fomos por aí algúns de nós. A verdade, que paséino moi ben. Moitos de nós xa nos coñeciamos do ano pasado, e hai bastante bó rollo.
O sábado fun con Roberto e Matteo ó cine a ver Madagascar 2 (ha,ha)e foi divertido. O malo é que despois fumos a tomar algo e bueno, eles comezaron a falar de cousas conectadas cá política, algunhas moi específicas das que non atreveriame a dar a miña opinión porque non as coñezo. Así que prácticamente non abrín a boca. Aburrínme un pouquiño, ademáis estaba un pouco cansa. Non culpo a ninguén, que conste... :D Non era a noite, ha, ha, ha.
O domingo pola mañán, quedeis con Jaime, un rapaz chinés que estudia na EOI. Dicía que foise dúas semanas e que me comprara un regalo. Pois sí, un libro de caracteres chineses moi interesante. ¡A ver cántos coñeces! díxome. E recorrín as páxinas sinalando os caracteres que xá coñecía. É moi simpático. A verdade,que o regaliño sorprendeume, non conseguira quedar con él ata agora :D- Espero que mañá os meus compañeiros de chinés non empecen có vacile... ¡outra vez!