sábado, 22 de diciembre de 2007

Bó Nadal

Escribo este post para felicitaros o Nadal, en xeral, e para desexaros un feliz Ano 2008 cheo de sorpresas (boas, lóxicamente) Bó Nadal e bó Yule :D

Fai un par de días estiven un pouco decaída, pero xa recuperei o meu sorriso :D. E non son tonterías, din que no Nadal diagnostícanse moitas depresións...

Teño moitos obxectivos para o 2008, polo tanto farei unha lista. Casi todos os anos a fago, e casi todos os anos consigo cumprir algúns dos meus obxectivos. É interesante para ver a propia evolución.

Polo resto non sei que dicir. ¿Qué faredes en estas datas? Eu supoño que o de sempre, 24 cá familia paterna, 25 cá familia materna. E o mellor saio despois. A estas alturas xa non creo que saia en fin de ano, porque non teño as entradas. Pero tres anos vivendo a experiencia dinme que as veces é mellor quedar na casa.

sábado, 1 de diciembre de 2007

Enferma

Hoxe non è un dos meus mellores días.

Enferma. Non estou ben, teño dor de gorxa e ollos. Onte tiña tamén dor de barriga e cabeza. Non teño febre, pero de todos modos, son un virus con pés.

Fastídiame moito. ¿Por qué hoxe? ¡Isto quere dicir que non irei a teatro en dúas semanas! A semana que vén podrei saludar, como moito.... Hoxe non podo saír. De todos modos, teño o ordenador para falar e escribir, teño libros para ler, e teño cartas par responder. Algo podo facer.

sábado, 24 de noviembre de 2007

Feliz... pero pensativa

Penso.

Faltan 13 días. 13 días de espera. Solo 13. Dentro de 13 días podrei entender por fin que é o que me quenta ó corazón, me abraza a mente e fai que conte todos os momentos nos que respiro.

Pensara que despois da miña viaxe a Milán, o máis ben, viaxe á confusión mental que a gran metrópolis xa decidera sobre o meu propio corazón, non habería solución. Que xa era unha alma sen destino, que vagaba polo mundo pensando que él non esistía. En cambio existe. Existe e parece que me queira.

De feito, apareceu o meu home ideal. Non se sabe aínda que pasará. Aínda faltan dúas semanas. Hoxe é tamén un día de confusión, de todas formas. Unha mensaxe de "felicitacións" enviado do meu móbil faime lembrar aquel momento. O momento no que a "Viga" chegaba á gran metrópolis e rodeábase de algúns amigos un pouco tolos. Unha mesaxe con resposta que me fai lembrar. Faime lembrar que eles tamén están alí, e que, no fondo, non esqueceron a esta amiga un pouco tola.

jueves, 18 de octubre de 2007

¡Gracias!

Gracias a todos aqueles que se lembraron onte de mín polo meu cumpreanos :)

Xa vou vella, 21 anos...

martes, 16 de octubre de 2007

Curiosidade linguistica

Non o pensara...

Hai unha palabra que parécese en español e italiano:

Silla=Sedia

Pero probablemente é máis sorprendente cuando collemos as linguas rexionais. Collamos as palabras en galego e milanés:

Cadeira=Cadrega

É realmente curioso...

domingo, 7 de octubre de 2007

Volta a empezar...

Mañán comézase de novo.

E a roda xira... Mañán terei que ir a italiano, pasado mañán a chinés e inglés. Volverei a ver as caras, de xente que aprezo e xente que ignoro, volverei a pelear cás letras...

Hai xente que me din que estou tola. Non me chega cás miñas linguas naturais, non me chega có inglés, nen có italiano. Nen có meu criticadísimo estudio do milanés. (Lingua pola que seguirei loitando) Vou probar sorte co chinés.

Se fai 10 anos dicíanme que ían pasar todas as cousas que están a pasar ultimamente, non o creía.

E dentro de 10 días serei máis vella: 21 anos. Pero da igual, o único que importa agora é loitar... E non rendirme!

miércoles, 3 de octubre de 2007

¿Normalización? ¡Desnormalización!

Estou moi anoxada.

Estou farta da "normalización lingüistica". Para mín, isto é un desastre político máis, completamente absurdo.

Díxose sempre Estudiar, agora é "estudar". Díxose sempre "Choiva", e agora "chuvia" "Avespa" é "Avéspora" e non se pode dicir "Felicitacións" ou "Felicidades". Agora según istos "intelixentes" dícese "Parabéns". Non somos portugueses, somos galegos. E os galegos non falamos así. ¿Por qué agora temos que estudiar, falar o ensinar o galego así??

¿¿Despois de tantos anos??

Espera... Agora solo falta que digan que "A forma correcta de dir pantalóns é "pantalois" ".

Isto é un cachondeo.. Metédevos a normalización lingüística polo...
 
Contrato Coloriuris