domingo, 7 de octubre de 2007

Volta a empezar...

Mañán comézase de novo.

E a roda xira... Mañán terei que ir a italiano, pasado mañán a chinés e inglés. Volverei a ver as caras, de xente que aprezo e xente que ignoro, volverei a pelear cás letras...

Hai xente que me din que estou tola. Non me chega cás miñas linguas naturais, non me chega có inglés, nen có italiano. Nen có meu criticadísimo estudio do milanés. (Lingua pola que seguirei loitando) Vou probar sorte co chinés.

Se fai 10 anos dicíanme que ían pasar todas as cousas que están a pasar ultimamente, non o creía.

E dentro de 10 días serei máis vella: 21 anos. Pero da igual, o único que importa agora é loitar... E non rendirme!

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris