sábado, 17 de febrero de 2007

Homes

Teño un cacao mental...

Hai moitos homes na miña cabeza... E quén sabe se a algún deles lle importo...

Probablemente para algúns non son nada. O unha simple admiradora. Para outros unha amiga. Pero ninguén soñará para mín...

Estou escoitando unha canción que presaxia a traxedia...

miércoles, 7 de febrero de 2007

Subliminal nun programa americano de cociña

Parece que nos Estados Unidos levantarase unha gran polémica despois de que este video vira a luz.

Trátase dun programa de cociña americano (Iron Chef America) no que como podedes ver, introducíronse mensaxes subliminais de Mc Donald's.

domingo, 4 de febrero de 2007

Vaia noiteciña

Ola a todos:

Aquí estou despois de unha noite "de festa" (de merda, como de costume) A primeira cosa que púxome de mala ostia è che viu a Begoña (pero bueno, peor para ela, eu se fora ela non volvía a saír con nós na miña vida)

A verdad, é que esta noite foi chunga. Primeiro fumos ó Arenal X, que estaba cheo, nos fixeron pagar e non nos deixaron pasar, ó final tivemos que chamar á policía (a mín non me cobraron, así que me mantiven ó marxe). Viñeron creo que cinco policías locais e dous nacionais. A verdade é que os nacionais non fixeron falta, porque cando veron que chamáramos de verdade devolveron a pasta (o parte de esta, porque algunhas das entradas as tiraran)

Despois acabamos no mao-mao. Non tiña ganas de beber, pero tiven que facelo porque se non bebes non podes saír... Total, que pedín un licor 43 con cacaolat. (Se pido cerveza morro do noxo) e nada, alí estivemos toda á noite. Cheguei a casa as 6... e caéume bronca da miña nai por chegar ás 6, cando moitas veces cheguei ás 7, e tamén as 9 da mañá e non me dixo nada...

domingo, 14 de enero de 2007

Sobre o arte

Un ser humán é aquel que sabe facer chorar. Un artista é aquel que sabe far rír.

domingo, 7 de enero de 2007

Mal fin de semana

Este fin de semana non fun o mellor:

- Peleas o venres noite
-Melancolía o sábado noite, gañas de realizar un soño imposible.
- Celos ó domingo.

lunes, 1 de enero de 2007

Feliz 2007

Bós días a todos, (Bueno, son as 14.12, pero acabeime de levantar!) A noita foi ben, unha boa cea na casa dos meus avós, e despois ó Etnias, entre malibu con ananás, algun que outro ligue, e bailes desenfrenados. Bó modo de entrar no 2007, bailando como unha loca.

Agora tócame botá-la vista atrás para face-lo balance deste ultimo ano. Non foi mal, aínda que tivo as súas tristezas. O ano 2006 empezou mal, cás miñas emocións descontroladas (Agora estou un pouco máis tranquila) Aínda quería arranxalo con Marco por aquelas, e a verdade, que agora non arranxerei nada... ¿Merecíase as miñas bágoas? Non o sei, o importante é que agora son libre como o vento, e estou orgollosa disto, aproveito o tempo ;) Recoñezo que este ano tiven a moitos homes na miña mente. Moito descontrol emocional.

Artísticamente, non me queixo: A miña evolución é positiva, e de cando en vez, teño oportunidades. Por exemplo, participei en un libro de poesías en italiano. Con respecto ós meus gustos, agora se me dixeran: "Dime o grupo de música que escoitaches máis este ano". A resposta é obvia. ¡Gem Boy! E a quen non lle guste, que se f***.

Tamén tiven sorte no sentido relixioso, encontrei moitos wiccanos este ano. Ademáis, coñecín tamén moita xente cá che saír e falar :D.

Este ano o comezo con moitos soños e esperanzas, sen prisa pero sen pausa. Quero que a miña evolución artística avance, que os meus estudios vaian ben, quero perder algo máis a vergonza, e quero outras cousas quizais máis difíciles de realizar, pero non imposibles...

Feliz 2007 a todos

viernes, 29 de diciembre de 2006

Benvido

Benvido á versión galega do meu blog! Non sabía se facelo ou non, porque por unha parte fai moito tempo que non o uso, (E debo usalo) E per outra parte... ¿Será útil facer un blog en galego? Quizais non, aunque en realidade para mín o é, para mante-la miña lingua viva e non esquecela nunca, visto que na miña vida diaria non a uso!

Para mín é un pracer, ledicia, poder escrivir nesta lingua, porque eu non mi vergoño de ser galega. Por eso, e por máis, os saúdo finalmente da versión en galego do meu blog.

Bicos ;)
 
Contrato Coloriuris