Estou nun periodo estresante do ano. Por unha parte, onte paséino fatal no traballo. Pasáronme a chamadas, e me sentín inútil completamente. O final, volvéronme mandar o que estaba facendo. Vou acabar collendo manía os teléfonos. ós programas e a Orange. Uff.
Por outra parte comeza un periodo estresante na Escola Oficial de Idiomas. Temos que falar durante un minuto en chinés (Eu non o fixen aínda poruqe non tiven tempo para preparalo) E en italiano teño que facer unha exposición oral. Creo que de 10 minutos. De todas formas, xa sei de que falar: Sobre os celtas en Italia. Brugh e Iunthanaka xa me pasaron un montón de información sobre a Milán celta. Milán. bótoche moito de menos, Ámote e ódiote, es o meu soño e a miña pesadilla, bágoas amargas de felicidade... Pero volverei, aínda que sei que estarei nunha situación tan tensa o máis que cando fun...
martes, 15 de abril de 2008
domingo, 13 de abril de 2008
EOI- Setembro?
Bueno, según parece, polo menos a Escola Oficial de Idiomas de Vigo dignouse a recuperar os exames de setembro... Menos mal, porqe non está ben iso de xogárselo todo a unha carta...
De todas formas o xoves foi convocada unha xornada de paro total, na que supoño que participaremos.
O alumnado reclama:
- Consolidación indefinida de dúas convocatorias por ano ( xuño e setembro) en tódolos cursos.
- Avaliación continua en tódolos cursos e niveis.
- Limitación do número de convocatorias a 6 por curso ( como na universidade)
- Exame deseñado e realizado polo propio departamento do idioma.
- Nota mínima para aprobar:5
- Que as escolas de idiomas impartan os niveis C1 e C2

miércoles, 2 de abril de 2008
R
Moi boa a iniciativa de R con o seu directorio de weblogs.
É unha boa idea para impulsar os blogs en galego e darlle máis valor á nostra lingua na rede.
Ós que aprístedes un blog: Seguide así e non deixalo á metade, que é un proxecto moi interesante. Eu non abrín un blog alí porque xa teño este e prefiro ter todos os blogs en blogger!

martes, 18 de marzo de 2008
Soños...
Fai un par de días tiven un soño un pouco curioso.
Sí, era eu. Levaba unha traxe azul marino que me quedaba coma un guante. Moi formal. O pelo o tiña recollido nun moño. Os labios, os tiña pintados. E na man, levaba un maletín negro. (Non, non atraquei un banco...)
Corrín coma unha tola polas rúas de Milán. Correra, miraba o reloxo. Tiña moita prisa. Moitísima. Chegaba tarde. Cheguei ata unha parada de metro, e baixei a toda velocidade polas escaleiras. Xusto en ese momento ,perdín o metro que tiña que coller. Esperei pacientemente ata a chegada do seguinte... Subín botando lume. Xa dentro, intentei calmarme un pouco.Ía atrasada. Pero xa quedaba pouco. Por fin, volvín baixar do metro e corrín. Corrín como xamais correra ata un sitio que parecera unha oficiña. Entrei.
Xa era bastante tarde. Un grupo de señores, que estaban sentados ó redor dunha mesa, quedaron mirandome. Algúns cunha sorrisa, outros con cara de ¿¿¿Onde te meteras??? Uff...

domingo, 16 de marzo de 2008
viernes, 14 de marzo de 2008
Semana cultural EOI (chinés)
Sen comentarios... No de chinés son a que non para un minuto, balancéase, cruza e descruza os brazos, etc...
Etiquetas:
chinés,
semana cultural
Suscribirse a:
Entradas (Atom)