martes, 15 de abril de 2008

Periodo estresante

Estou nun periodo estresante do ano. Por unha parte, onte paséino fatal no traballo. Pasáronme a chamadas, e me sentín inútil completamente. O final, volvéronme mandar o que estaba facendo. Vou acabar collendo manía os teléfonos. ós programas e a Orange. Uff.

Por outra parte comeza un periodo estresante na Escola Oficial de Idiomas. Temos que falar durante un minuto en chinés (Eu non o fixen aínda poruqe non tiven tempo para preparalo) E en italiano teño que facer unha exposición oral. Creo que de 10 minutos. De todas formas, xa sei de que falar: Sobre os celtas en Italia. Brugh e Iunthanaka xa me pasaron un montón de información sobre a Milán celta. Milán. bótoche moito de menos, Ámote e ódiote, es o meu soño e a miña pesadilla, bágoas amargas de felicidade... Pero volverei, aínda que sei que estarei nunha situación tan tensa o máis que cando fun...

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris