sábado, 28 de febrero de 2009

¡Desfogo! (A falta de outro tipo de desfogos...)

Estado: pensativa
Canción: Marco Masini- Vaffanculo (Nunca mellor dito...)

A palabra é pensativa.

Estou en Mos, na casa dos meus avós. Sí, estáse moi ben por un par de días sen pais, sen irmáns. Estou reflexiva por todas as cousas que están pasando na miña vida: Un mestre déixanos, á volta das vacacións terei as notas dos exames, (Entón sí que vendrán as miñas xornadas de reflexión) a miña vida emocional está moi desordenada (e todo o que conlleva.. xa sabedes...) e empezo a botar en falta (un pouquiño) Milán despois de medio ano. Xa non con tanta ansiedade, pero un pouquiño. E non me queda nada, tería que atopar un traballo aquí, aforrar, repetir os mesmos procesos. Eso sí, sei que conto co apoio de moitos deses amigos que a kilómetros de distasncia, seguen a soportar as miñas crises... Alguén dixo que Vigo é unha "mini-Milán". Bah.. dende logo fáltanlle moitas cousas para selo. Quizais a zona industrial (especialmente a avenida de Madrid, onde hai un montón de empresas con edificios xigantes) é unha mini-Milán. Pero polo resto...

Mañá pola mañá teño que ir a Vigo. Ademáis de ser xa domingo, teño que ir votar. Mandei unha mensaxe á miña nai para que me confirme se chegou a carta na que te dín o colexio, a mesa e todo iso. En fin. As veces penso que sería máis práctico montar un partido político propio e pasar de toda esa panda...

Tamén estou contenta porque continúo escribindo o relato, aínda que agora atasqueime un pouco e eso mosquéame... ¿Algún consello? Quizáis un "brain storming"...

Non me podo queixar, en estes días caéronme dous regalos: Unha PDA con teléfono, que conseguiu un dos meus tíos (Para non levar tantos trastos enriba...) E unha pantalla para o meu ordenador, que a miña está cascada e estou todas as noites a golpes con ela... Levaba tempo pensando en comprar unha pantalla ou un portatil O problema do portatil é que no ordenador teño un aparello de televisión e non se pode meter ó portatil... :S

viernes, 27 de febrero de 2009

Adeus, Juan

Estado de ánimo: Triste
Canción: Los Piratas- Muertos

A noticia do suicidio de Juan Campos Paz, mestre de música en diversas escolas, (Entre elas, Escuelas Nieto, na cal estudiei os últimos catro anos de escola obrigatoria) caeume como un xarro de auga fría. Probablemente moita outra xente sentíuno así. A noticia sorprendéume o mércores, cando me disponía a ir a natación. A dor apoderóuse de mín e non puiden impedir que as bágoas se deslizaran polas miñas meixelas. O vín por última vez fai algúns meses. Non podería imaxinar nada así, o único que advertín naquel momento claramente é que tiña ganas de falar.

No funeral chorei bastante. Avergónzame chorar así, máis cando alí estaban moitos dos meus ex mestres de aquela escola. Revivín as súas clases, as súas palabras, a ternura que desprendíase de aquel modo de ser bonachón e aparentemente tranquilo. Pero tamén lembrei momentos nos que estiven a punto de cometer aquel loucura de rematar con todo. Por fortuna, no seu momento, alguén o impediu.

Estou tentando de asimilalo... Pero non son capaz...
 
Contrato Coloriuris