domingo, 31 de agosto de 2008

¡Qué manía!

Qué manía teñen os presentadores de televisión de non preocuparse de se un nome galego o están dicindo ben ou non... Dícese TEIXEIRO... TEI-XEI-RO! e non Texeiro como oín onte por aí... :D

sábado, 30 de agosto de 2008

jueves, 28 de agosto de 2008

Qué paradoja...

Si, esta canción forma parte dos recordos da miña infancia... Acórdome que cando era pequena, en Marimba que era onde traballaba o meu pai, sempre cantaban esa canción ao final e lanzaban caramelos... Ja, ja, ja. Momento happy infantil :D

lunes, 25 de agosto de 2008

Baixada de pantalóns da Campos

E agora volve a Telecinco... ¡Non, por Deus!!! ¿A Vasile conxelóuselle o cerebro?¡Se esa do único que sabe falar é de corazón! A mirada crítica vaise a ir a pique... ¡¡¡Que se xubile dunha vez!!!

viernes, 22 de agosto de 2008

Sobre a diferencia de idade

Onte, falando cunha persona sobre as diferencias de idade nas parellas, dicíame que non estaba de acordo con que un rapaz sexa dez anos máis grande que unha rapaza, porque parecíalle unha aberración xa á hora de envellecer, que unha persona de 50, por exemplo, estea con unha de 60. Todo isto por qué, como sabedes os que xa me coñecedes, dende un tempo a esta parte, gústanme rapaces máis grandes ca mín, con diferencias de entre oito e vinte anos, aproximadamente. Obviamente, a mín cando era máis xove parecíame tamén unha aberración, pero vou explicar os motivos polos que hoxe xa non me o parece.

1) En cuestións naturais, unha muller madura antes que un home, incluso xenetica e físicamente, pode tender a envellecer antes.

2) Igualmente que no é raro ver rapaces de 40 que parece que teñen 35, e rapaces de 30 que parece que teñen 20, en cuestións de madurez, moitas rapazas demostran que tendo 20 anos, teñen a madurez de unha rapaza de 30. Polo tanto, depende do comportamento de ambalas dúas persoas.

3) Moita xente dice "10 años non son nada". Se non son nada para unha cousa, non son nada para outra.

Así que nada, á xente que me critica, que me critique. Eu fai uns anos facía o mesmo.

martes, 19 de agosto de 2008

Combatendo

Non podo durmir.

Non son capaz de durmir, un pouco pola sede, outro pola calor e quizais outro pouco polos meus pensamentos. Quedan uns 21 días para Milán segunda parte. Todo un reto, pero onte algo demostroume que agora estou preparada.

Onte volvín vencer a un dos meus problemas máis graves, a desorientación, producida posiblemente por problemas como a hidrocefalia e a dislexia, cos cuales se convive, o almenos no meu caso. Onte fixen outro tanto. Estou gañando o partido por catro a dous, máis ou menos. Non o sei realmente, pois a hidrocefalia metíume algún que outro gol, pero agora son eu quén a acribilla. Primeiro, perdín o medo e comecei a moverme por Vigo. Despois, pasei o medo de perderme en Milán e descubrir que non pasaba nada, pois nunca estarei sola. E durante este verán, a desorientación complicoume as cousas. Pero onte volvín vence-la unha vez máis, e conseguín chegar ó pabillón dos deportes do Berbés. Parecíame moi difícil, pero as veces un cambio de estratexia o cambia todo.

Sí, agora estou preparada para a volta a Milán. Tendo en conta que dormirei cerca de Piazzale Loreto e que agora sei usa-lo metro e que no estarei sola, todo irá ben dende o momento en que me suba o avión.

¿Quién dixo que a hidrocefalia era invencible?

lunes, 11 de agosto de 2008

Case me da algo...

E a culpa é de Antena 3, por non dar as informacións completas dende o principio...

Comezaron dicindo que Ryanair cancelaba miles de reservas por internet d diciendo que Ryanair cancelaba miles de reservas por internet de hoxe in adiante... Non respirei tranquila ata que explicaron que estas reservas serían as contratadas a través de terceiros (como Edreams) A miña está contratada directamente a través da web de Ryanair...

martes, 5 de agosto de 2008

Fin de semana en Lugo

Este fin de semana foi un pouco particular. Coa escusa de coñecernos, Roy (un amigo asturiano ao que ata o momento non vira en persoa) invitoume a ir a Lugo, xa que resumindo, un grupo de amigos no que está adoitan quedar así cando poden. Foi en plan "Non te preocupes que che invito". Total, que dous amigos de aquí de Gondomar colléronme na estación de tren. E empezou unha viaxe dunhas tres horas de coche.

Eramos unhas once persoas de cháchara (das once persoas, oito eran mozos, e oito das 11 persoas eramos tamén galegas!) Fixéronse unhas brasas e con tanto entretenimiento apagáronse varias veces, así que comemos máis ou menos ás seis da tarde, ja, ja, ja. Despois nada, houberon ata algunhas sobremesas (Estoume acordando das galletas de chocolate que trouxo Roy e a verdade que se me está volvendo facer a boca auga... Ai!!!!) Bebemos un pouco (almenos eu bebín pouco, adoito intentar controlarme e máis en certas situacións) e nada, á cama. Confeso que ás nove ou dez da mañá xa tiña abertos os ollos, fomos espertando, baixando, Roy e eu fómosnos a almorzar a unha pastelería, dimos unha volta e volvimos (non sen antes perdernos un pouco) e á hora de comer fumos todos a un chinés. Creo que nos marchamos de Lugo sobre as cinco, pero en fin, eu o único que sei é que estaba rebentada...

 
Contrato Coloriuris