domingo, 24 de junio de 2007

Uff!

Ola a todos :)

Hoxe estou cansa. E que onte saín de marcha. Ata as 6.30 da mañán por aí con Vanessa e outra xente. Bebín algo, sí, unha caipiroska ó amorodo. Despois saímos por aí, fomos a tres discotecas diferentes e todas estaban cheas ata os topes.

Primeiro esperei por Vane en un sitio onde quedaramos. Pero non chegaba. E comecei a ver certas mensaxes de certa persoa cando estiven en Italia e víñome algo de melancolía. Caéuseme a bágoa ó lembrar o ben que o pasei en Milán (sen comentarios) e o recordar esa persoíña.

Fomos por aí de discotecas. Fomos a tres. O peor é que todas as discotecas eran cheas de xente. ¿Cómo é posible? ¿En Vigo? ¿En xuño? ¿Ninguén colle vacacións en esta cidade?

Paséino ben, aunque rematei agotada. Facía tempo que non saía de noite!

E nada, fai un momento probei a carga-la tarxeta italiana, que a tiña xa baixo mínimos... ¡E fun capaz! Estou contenta. Convénme usala, je, je, je. Lo pasé bien, aunque acabé agotada. ¡Ya hacía tiempo que no salía de noche!

miércoles, 20 de junio de 2007

Soños esquecidos

Hoxe soñei con Jose, o rapaz que me gustaba con 15 anos.

Era un compañeiro de colexio e ó principio lévabame ben con él ó problema foi cando descubriu que me gustaba. Estiven tola por él hasta os 17. Hoxe o teño superado, aunque a miña situación emocional é sempre inestabile, je, je, je.

miércoles, 16 de mayo de 2007

Experimentos musicais

O que fixen agora, non imaxinaría nunca que o faría.

Escoitaba unha canción dos Modena City Ramblers, un grupo italiano que fai música celta, inspirándose especialmente na música irlandesa, e que cantan en italiano e en dialecto de Módena.

Pois resulta que escoitaba unha das suas cancións, "La Fiola Dal Paisan", E non sei por qué... De repente, collín a miña pandeireta. Pillei o ritmo da canción enseguida. E aí estaba eu, que tocaba a pandeireta mentres cantaba mitade en italiano, mitade en dialecto de Módena.

Facía tempo que non facía experimentos...

jueves, 10 de mayo de 2007

É unha vantaxe...

É unha vantaxe que á hora de escoitar música non escoito grupos tan coñecidos. Así cando lles escribes respóndenche :P

miércoles, 21 de marzo de 2007

E isto non remata aquí...

Tamén atopei o video-clip de "Qué jallo é" (Ano 1994, tería 7 ou 8 anos...) cando era pequena, a verdade, metíanme bastante miedo...

O que pasa es que onte, despois de velo, non puiden evitar emocionarme e botarme a chorar... Non de tristeza, foi una mezcla de ledicia e melancolía...

martes, 20 de marzo de 2007

Íscalle Lura

Qué lembranzas... Este video foi a miña iniciación ó rock... Fai 10 anos! Quén o diría :D

domingo, 18 de marzo de 2007

Está claro que...

O que nace rockeiro, lo é toda a súa vida.

Non é normal que ahora, despois de tanto tempo (1997-2000) volvínme enganchar ós Heredeiros da Crus.

O sí... No fondo creo que foi la etapa máis divertida- e extraña- da miña vida xD

A verdad, é que hai motivos incoscientes para volver a escoitalos... Estaba máis contenta, ( se debo ser sinceira, semellaba una tola) e falaba máis en galego (Non toda a influencia dos HDC era negativa, no???) Agora lémbrome de aquelo de "ti sije así, corasón, que vas por moi bó camiño..." (Era obvio, aunque era demasiado cedo para iso....)

Facíame falta ostiaaaa!!!!!
 
Contrato Coloriuris