viernes, 30 de mayo de 2008

¡Aprobei chinés!

Aprobei chinés, (ou mellor, a mestra aprobóunos a todos...)

Teño un 6,6 na audición, un 6 no escrito (gramática) e un 8 no oral (non sei se máis adiante nos farán, pero este ano non nos fixeron proba de comprensión escrita nen de redacción) Hai que ter en conta que se ahora, según a normativa nova, o 6 é suficiente e o cinco suspenso, ou sexa, que me colle en chinés e en inglés, pero non en italián.

Hala, unha cousa menos... A semana que vén a ver qué pasa cando me digan as notas de inglés e italiano.

A propósito, non sei qué facer da miña vida. Hai un FP que me interesa, pero é un FP superior, e para facelo, teño que facer primeiro un bacherelato para adultos... Irei a preguntar, pero a verdade, dame un pouco de... non sei :D

martes, 27 de mayo de 2008

pizzica pizzica

Acabo de ver agora que o departamento de italiano publicou o video completo da pizzica pizzica...
Disfrutádeo :D

Quizais...





Só ocórrelleme cantarlle á Madonnina aínda que non sexa cristiá...

Oh mia bèla madonina,
che te brillet de lontan,
tutta d'or e piscinnina,
tì te dominet Milàn....

Si, vegnì senza paura,
num ve slongaremm la man,
tutt el mond l'è on grand paes a semm d'accord
ma Milàn l'è on gran Milàn!

¡BÓTOCHE DE MENOS!

lunes, 26 de mayo de 2008

Espero ata mañá....

Engánome.

Engánome a mín mesma pensando que haberá un mañán. Un mañán para escapar. Un mañán para verte ós ollos e dirte o que penso de verdade. Se estás todavía en ese mañá, estarei alí.

Outra vez a "morriña". A morriña, a nostalxia que me destrúe dende dentro e dende fora. Pensamentos, perdidos entre as nubes da miña cabeza. Ansiedade indescriptible que rompe tamén a alma. Non respiro. Non podo. Debo aprobar estos exámenes. Debo ser libre e estar tranquila en setembro. Teño que volver.

E estaremos outra vez nós, despois de pelexas, bágoas, e unha trama extraña de historias de amor, odio e sexo. E nos abrazaremos, mentres os coches gritan, a xente nos mira con odio e envexa, e os tranvías móvense sen piedade.Ó tempo, mirarei o meu alrededor, lembrando vellos momentos, e con bágoas nos ollos, sonreirei.

As bágoas baixan polos meus ollos cada vez que lembro ese abrazo. E choro cando me lembro de cando daba voltas polas rúas de Milán, esperando que o mañán non chegase nunca.

E chegou. E agora estou aquí, en Vigo, pensando que no fondo estou orgullosa de ser galega. Vigo, a ciudade dos Olivos. Árbore da paz, a fecundidade, a victoria e a recompensa. Pero eu paz interior non teño, a victoria a teño que gañar, e a recompensa sería o seu resultado. Esperando aínda. Soñando aínda. An. And.

Son solo unha fantasma do pasado...?

jueves, 22 de mayo de 2008

E acabouse...

Xa remataron as clases oficiais. Ahora é o turno dos exames. As clases de inglés e de chinés acabaron de un modo normal, pero non as de italiano.

Na clase de italiano non houbo nunca un grupo unido, mais dous bandos. Hoxe a evidencia estoraba. O bando sublevado íase á cafetería a celebrar un final de curso, hipócrita e clandestinamente. En cambio, os simpatizantes do "capitán" Fabio, quedábanse na clase, respetuosa e educadamente, atendendo as súas últimas explicacións.

As tensións nesta clase eran evidentes, pero nos últimos tempos, podíase corta-la tensión con un coitelo. Sólo había un horario de italiano, con galinas e lechuzas. Casi todo mulleres, e la hipocresía era obvia. O xogo de hipocresía foi obligatorio todo o curso. Se non, poderias ser mal visto.

E agora rematouse, aínda que o barco non chegou a buen puerto. Creo que todo soldado debe obedecer ó seu capitán, ou como mínimo respetalo, pero xa vexo, que non todos peensan coma mín.

jueves, 15 de mayo de 2008

Destino: Subitam Vel Repentinam Mutationem

Onte rendinme.

Fun traballar, como todos os días, pero sabía que xa non era o mesmo. Pasáronnos a Atención ó cliente. Fun andando, unha vez máis, có meu mp3 nas orellas. Entrei, sentéime, empecei a traballar, ata que nos mandaron ata alí. Fun terrible.

Despois de algunhas chamadas que máis ou menos me comín, chegou a crisis. Chamou unha persoa mosqueada. Non daba a basto. Non atopaba a información. A xente non se daba conta de que necesitaba ayuda. Xa levaba almenos quince minutos así. Non podía aguantar máis a presión de ter que atender a todo á vez. Desmoroneime. Quedeime sen respiración, non puiden evitar chorar como unha idiota, as manos tremabanme. Quería afastar á miña conciencia pero ela estaba alí.

Finalmente, cuando xa estaba destrozada, me mandaron a unha sala. Dúas figuras frías, e ríxidas finxían comprender o que estaba pasando. Intentaban que me tranquilizara, e que volvera. Pero as palabras estaban cargadas de hipocresía. Só querían lavarse as mans. Notábao.

Despois, funme, escoitando música de novo. Só escoitaba unha canción: Heart-Shaped glasses, de Marilyn Manson. É curioso, pero é o único que me tranquiliza como un sedante cando estou aos límites da autodestrucción.

Aínda encima, dous dos meus amigos de Milán están xogando con lume. fixeron unha viaxe, e volveron a dicir por segunda vez "Á próxima imos a xunto túa!" Se quisiérais vir, xa viriades.. Non esperedes que eu vaia a Milán porque ides de cú.
 
Contrato Coloriuris