sábado, 22 de noviembre de 2008

O subcosciente

Onte soñei que estaba castigada nunha clase, cara á parede, a espaldas de todos, mentres a mestra explicaba algo.

Non hai moito máis qué comentar.

martes, 18 de noviembre de 2008

Mal día...

Onte tiven un día disos nos que gustaríache pegarte un tiro, o quizáis dous. A verdade que, non sei se poderia ser peor. Pola mañán tive que ir o médico para recoller unhas análises... E unha xa estaba, pero a outra non. A doutora, é un pouco pesada e rompíume a cabeza. Saín xa de aí mosqueda, con ganas de matar a alguén e pensando en que necesito as análises para o 20. A ver qué pasa.

Non conseguín concentrarme en todo o día en nada. Despois, chegou a hora de natación. Foi horrible. Repentinamente sentínme sen folgo, e non daba unha. Non conseguía nadar, necesitaba pararme a cada rato porque o meu corpo caíase cara abaixo. E nadando a crol, entroume auga por todos os lados. Non sei, non tiña tempo para respirar. "¿Estás ben?- Preguntoume o monitor. Non soubera que contestar. "¡Está cansa! ¿Verdade, Ana?"- Dixo un dos meus compañeiros. De feito, aínda non fixera o ridícolo bastante onte. Cando tíñamos que facer un exercicio (o último) a pé, tambaleábame. Non mantivera moi ben o euqilibrio.

Aínda por riba, a miña "amiga", cando nos vimos despois de natación, pediume que saíra diante (coma sempre) porque o único que lle importan son os tíos. ¡Xenial!

Sólo un e-mail Alegroume, por algúns minutos o día de onte...

jueves, 13 de noviembre de 2008

Italiano...

Qué parvada.

Onte, esperaba a Salomé diante da Escola Oficial de Idiomas para ir á piscina, coma sempre. Claro que, ás 21.30 é cando empeza a saír a xente que queda, péchanse as portas,e todo o mundo sale. Moitos dos mestres van polo aparcadoiro, pero algúns saen pola porta principal.

E así, ultimamente, cuádrame de ver o meu último mestre de italiano, Fabio, e a algúns compañeiros que van á última ora a italiano, despois de repetir (algúns por propia vontade). En esos momentos, a melancolía abórdame un pouco, e boto en falta os debates, os cotilleos, as horas pelexándome ca lingua e mosqueada porque a certas persoas non as soportaba, directamente.

Pero se me poño a pensar, a melancolía ven de atrás. Nos últimos anos botaba en falta o corso de 2º, no que me deu clase Jose, un mestre que nos vacilaba todo o que podía e máis. Claro, era a máis xove da clase, cos meus 18 aniños. Entón era da era "do iogur" e "de Pokémon". (non deu unha...) e eu, timidísima, non sabía qué dicir. Entón, Marco, un rapaz de Vasto-Marina (Abruzzo) que en esos tempos importábame bastante, dicíame:"digli che è un...." En fin, qué tempos. E sólo pasaron 3 anos diso.
 
Contrato Coloriuris