miércoles, 21 de marzo de 2007

E isto non remata aquí...

Tamén atopei o video-clip de "Qué jallo é" (Ano 1994, tería 7 ou 8 anos...) cando era pequena, a verdade, metíanme bastante miedo...

O que pasa es que onte, despois de velo, non puiden evitar emocionarme e botarme a chorar... Non de tristeza, foi una mezcla de ledicia e melancolía...

martes, 20 de marzo de 2007

Íscalle Lura

Qué lembranzas... Este video foi a miña iniciación ó rock... Fai 10 anos! Quén o diría :D

domingo, 18 de marzo de 2007

Está claro que...

O que nace rockeiro, lo é toda a súa vida.

Non é normal que ahora, despois de tanto tempo (1997-2000) volvínme enganchar ós Heredeiros da Crus.

O sí... No fondo creo que foi la etapa máis divertida- e extraña- da miña vida xD

A verdad, é que hai motivos incoscientes para volver a escoitalos... Estaba máis contenta, ( se debo ser sinceira, semellaba una tola) e falaba máis en galego (Non toda a influencia dos HDC era negativa, no???) Agora lémbrome de aquelo de "ti sije así, corasón, que vas por moi bó camiño..." (Era obvio, aunque era demasiado cedo para iso....)

Facíame falta ostiaaaa!!!!!

viernes, 16 de marzo de 2007

Reflexións

O tempo pasa rápido cando te das conta de que todos os anos son iguais; os mesmos periodos de clases, vacacións, festas, os mesmos fins de semana, as mesmas mañáns, tardes, seráns.

viernes, 9 de marzo de 2007

Heredeiros da Crus.. ¿O retorno?

Lín unha noticia que deixóume de pedra, publicada na edición virtual da voz de Galicia ó 16 de Febreiro:

En ela dícese que Javi Maneiro, cantante dos Heredeiros da Crus (O primeiro grupo importante na miña vida) afirmou que o grupo xuntarase o ano que vén para estudiar a posibilidade de tocar xuntos.

Unha boa noticia, pero para mín chea de cuestións... Algúns dos compoñentes traballaban en outros proxectos musicais. Será verdade? Irá cara adiante?

Seguiremos informando...
 
Contrato Coloriuris