jueves, 31 de julio de 2008

Enquisa finalizada

Aquí reflexo o resultado completo da enquisa galega, e despois, do resultado total (entre os votos nos 5 blogs)

RESULTADOS EN BICO DA LÚA:

pugliese ou siciliano 3 (37%)
Gaélico/Irlandés 2 (25%)
Outra 2 (25%)
Chinés 0
Unha lingua emiliana 0
Esperanto /Interlingua 0



Ben, agora imos ao resultado medio (ou resultado final)

Gaélico/Irlandés 26 (34%)
Outra 13 (16%)
Pugliese/Siciliano 12 (15%)
Chinés 9 (11%)
Lingua Emiliana 6 (8%)
Esperanto/Interlingua 5 (6%)


Ben, agora pídovos dúas cousas:

1) Que me suxirades se vos gusta máis a idea do gaélico ou do irlandés.

2) Os que votedes "outra", que me digades a través dun comentario cal é @o voso suxestión para tela en conta máis adiante :D

viernes, 25 de julio de 2008

Sorpresa, sorpresa...



¿Onte a quen ví pola rúa? Pois a Pepe Ruiz, ao que os máis novos coñecemos como "Avelino", o entrañable personaxe que pasou de Escenas de matrimonio á familia Mata. Falei con el, a verdade é que é moi simpático... Está aquí de vacacións... Fíxolleme un pouco raro, a final de contas, non moita xente vén a Vigo (ou almenos é o que nos fan crer sempre, non?) É unha mágoa que eu non ía moi arranxada (Debe de ser unha especie de lei de Murphy) e ademais, bueno, nada, ía algo acelerada tamén, marchaba de casa dun mozo ao que estou axudando co voluntariado da ONCE, e no canto de coller un bus fun a pé (Desde a zona de Balaídos ata o Calvario... Creo que non moita xente faría iso! Os que coñecedes Vigo sabedes de que falo...) Pois nada, basta que esteas despistada e desarreglada para que che pase isto... E non, son tan lista que non pedín nin autógrafo nin foto.. jajaja. Son un desastre para esas cousas :D

martes, 1 de julio de 2008

 
Contrato Coloriuris