viernes, 25 de julio de 2008

Sorpresa, sorpresa...



¿Onte a quen ví pola rúa? Pois a Pepe Ruiz, ao que os máis novos coñecemos como "Avelino", o entrañable personaxe que pasou de Escenas de matrimonio á familia Mata. Falei con el, a verdade é que é moi simpático... Está aquí de vacacións... Fíxolleme un pouco raro, a final de contas, non moita xente vén a Vigo (ou almenos é o que nos fan crer sempre, non?) É unha mágoa que eu non ía moi arranxada (Debe de ser unha especie de lei de Murphy) e ademais, bueno, nada, ía algo acelerada tamén, marchaba de casa dun mozo ao que estou axudando co voluntariado da ONCE, e no canto de coller un bus fun a pé (Desde a zona de Balaídos ata o Calvario... Creo que non moita xente faría iso! Os que coñecedes Vigo sabedes de que falo...) Pois nada, basta que esteas despistada e desarreglada para que che pase isto... E non, son tan lista que non pedín nin autógrafo nin foto.. jajaja. Son un desastre para esas cousas :D

No hay comentarios:

 
Contrato Coloriuris